VII
Certame
Xornalístico
Dora Vázquez
BASES
- O Concello de Arteixo a través da súa Concellaría de Muller, convoca o "VII Certame Xornalístico Dora Vázquez" 2009.
- Poderán concorrer a el todas as mulleres que o desexen cun artigo de opinión inédito, único e orixinal, de temática libre e escrito en galego. As autoras serán responsábeis do contido dos artigos.
- Os artigos deben ter unha extensión de entre 1500 e 2200 caracteres, escritos en papel DIN A4 por unha soa cara. O artigo deberá ir titulado e cun lema da autora.
- Os traballos presentaranse por cuadriplicado nun sobre grande pechado. Neste sobre non poderá figurar o nome nin ningunha outra referencia á autora do artigo. Dentro deste sobre incluirase un sobre pequeno, tamén pechado, que levará escrito por fóra o título do artigo e o lema da autora. No interior figurarán os datos persoais e de contacto.
- Os artigos poderanse presentar ou enviar, facendo constar "PARA O CERTAME XORNALÍSTICO DORA VÁZQUEZ", antes do 13 de febreiro de 2009 ao
Concello de Arteixo
Pza. Alcalde R. Dopico, 1
15142, Arteixo, (A Coruña)
- Establécese un único premio dotado de 600 € e sometido á retención legal establecida. O premio pode quedar deserto.
- O xurado, designado polo Concello de Arteixo, fará pública a súa decisión inapelábel no mes de marzo, cando se fará entrega do premio nun acto convocado a tal fin. A autora premiada comprométese a asistir a este acto.
- Os orixinais non premiados poderán retirarse no prazo dun mes dende o fallo do xurado,na Concellaría de Muller
Centro de Información ás Mulleres
Avda. do Balneario, 10, baixo
15142 - Arteixo.
- Transcorrido este prazo, os artigos non premiados que non sexan recollidos, serán destruidos.
- A autora premiada renuncia aos seus dereitos económicos en caso de que o Concello publique o texto. A obra gañadora será publicada no xornal "El Ideal Gallego" e "La Opinión", da Coruña.
- A interpretación das bases corresponde ao xurado. O feito de participar supón por parte das autoras a aceptación destas bases.
Nota: o Concello dispón dun servizo de Normalización Lingüística, que poderán utilizar as autoras antes da presentación do artigo a este Certame.
http://www.arteixo.org/servicios/cmuller/dora/bases.html
Responsabilidad
Eldígoras recomienda consultar las bases oficiales de cada premio.
Eldígoras no asume ninguna responsabilidad derivada de los datos publicados, que se ofrecen como un servicio más del portal, sin otro interés que el de apoyar toda actividad cultural. Siempre que es posible se ofrecen datos para el acceso a las convocatorias originales.